Mancomún

Ubuntu 20.10 chega con todos os sabores

Martes, 3 Novembro 2020

Ubuntu 20.10 “Groovy Gorilla” chega con Kernel 5.8 e Gnome 3.38.

Novidades destacadas: inclúe actualizacións para Hyper-V de Microsoft, para CPU ARM e para o sistema de arquivos exFAT. A configuración de administración de enerxía conta cun interruptor para mostrar a porcentaxe de batería. Os puntos de acceso privados para Wifi pódense compartir a través de códigos QR.

Soporte oficial para as placas Raspberry Pi 4 e Raspberry Pi Compute Module 4 (edición Ubuntu Desktop especialmente optimizada).

As edicións oficiais de Ubuntu 20.10 tamén están dispoñibles: Kubuntu 20.10, Xubuntu 20.10, Ubuntu MATE 20.10, Ubuntu Budgie 20.10, Lubuntu 20.10 e Ubuntu Studio 20.10.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal