Mancomún

Ubuntu 7.10 alcanzará a fin do seu ciclo de vida o 18 de abril e Ubuntu 9.04 sairá 5 días despois

Venres, 27 Marzo 2009

Hai 18 meses, o 18 de outubro do 2007, saía a versión 7.10 de Ubuntu. E ao igual que todas as versións de Ubuntu, durante todo este tempo veu recibindo actualizacións, arranxos de seguridade e críticos. Mais o período de asistencia para esta versión acábase o 18 de abril. Desde ese momento, as novas de seguranza de Ubuntu non incluirán máis información ou paquetes actualizados.

A forma de actualizar desde esta versión, é actualizar á versión 8.04 LTS (instrucións para actualizar). É moi importante indicar que a actualización á versión 8.10 e superiores só é compatíbel a través de varios pasos, que inclúen unha primeira actualización á 8.04 LTS e posteriormente á 8.10.

Asemade, débese recordar que a próxima versión de Ubuntu, Jaunty Jackalope, está previsto que saia tan só 5 días despois, o 23 de abril, versión da cal xa se pode descargar unha primeira beta desde http://releases.ubuntu.com/releases/9.04/

Tamén hai dispoñíbeis versións beta de Kubuntu 9.04 e Xubuntu 9.04. Cómpre recordar que estas versións están pensadas só para desenvolvedores e non se aconsella o seu uso, polo de agora, en contornos de produción e en equipos que conteñan datos importantes.

Fonte:
http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-7.10-eol

Relacionado en Mancomún:
Ciclo de versións de Ubuntu até o 2011 e duración dos períodos de mantemento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal