Mancomún

Ubuntu 8.10 rende máis que Vista

Luns, 3 Novembro 2008

{mosimage}Non é nada novo que se faga dita afirmación, so que neste momento vén acompañada de datos que así o demostran.

Nas probas se instalaron nun mesmo equipo e por separado un Ubuntu 8.10 e un Windows Vista Bussiness. O equipo era un Core 2 Duo E7200 CPU a 2,53 GHz, unha placa Elitegroup G31T-M coa gráfica integrada e 2 GB de RAM.

Os encargados de realizar a proba (Primate Labs Geekbench) obtiveron unha puntuación de 2838 puntos co sistema de Microsoft fronte os 3367 puntos do sistema de Canonical.

Os elementos analizados foron, entre outros, unha proba de coma flotante á CPU, o tempo de arrinque do sistema (no que tardou menos Ubuntu) e a soltura no cambio de aplicacións. Ademáis Ubuntu superou tamen ao Vista no rendemento e integración WiFi, cousa que non deixa de ser curiosa xa que é o punto mais floxo da distribución.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal