{mosimage}A próxima versión da distribución GNU/Linux continua o seu desenvolvemento coa liberación da terceira versión previa, cuxo principal activo é a inclusión da versión estábel do sistema de arquivos ext4.
A alpha 3 inclúe a versión do kernel 2.2.28-3.4; a implementación de código aberto de X Windows System, o servidor X-Org 1.6; novo estilo para notificacións; Brasero como software de gravación en Nautilus; novo control de volume, e como xa informamos, a versión estábel do sistema de arquivos ext4 que promete un aumento notábel do rendemento do sistema. Como mostra, o tempo de arranque redúcese nun 25% segundo as probas previas.
En Kubuntu, o máis destacado é a presenza da Release Candidate de KDE 4.2 , a prometedora nova versión da contorna de escritorio cuxa versión final estará dispoñíbel a finais deste mesmo mes. A versión 2.0 do reprodutor multimedia Amarok é outro dos destaques.
O salto ás versións 3x da suite ofimática libre OpenOffice.org, en concreto coa RC1 da 3.0.1 e a posibilidade de cifrar o cartafol «home» na instalación son algunhas das novidades máis relevantes comúns ás distintas contornos de escritorio e versións que ofrece Canonical na alpha 3.
Cómpre recordar que este tipo de lanzamentos está destinado a probas e informes de erros para mellorar o desenvolvemento, polo que se desaconsella a súa instalación en contornos de produción.
Fonte: The Inquirer
