Mancomún

Ubuntu cumpre 15 anos

Martes, 22 Outubro 2019

A distribución de GNU/Linux Ubuntu ven de cumprir 15 anos dende o primeiro lanzamento ao público.
Esta primeira versión foi a 4.10 co nome en clave “Warty Warthog“, esta distribución supuxo un antes e un despois á hora de achegar o sistema operativo GNU/Linux ao gran público, xa que fixo posible a instalación para moitas persoas sen a necesidade de ter uns coñecementos técnicos elevados, característica que a fixo situarse entre unha das distribucións máis populares.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal