Ubuntu Eee é unha distribución alternativa de Linux baseada en Ubuntu, a cal foi modificada exclusivamente para correr nos ultraportátiles Asus Eee PC.
Para evitar problemas legais con Canonical, empresa detrás de Ubuntu, durante os últimos meses o seu creador estivo a buscar un novo nome, ata que finalmente decidiu rebautizalo como Easy Peasy, idea que xurdiu do lema "Sinxelo para aprender, traballar e xogar" do Asus Eee PC.
Este proxecto naceu en decembro de 2007 como un simple script para corrixir algúns problemas que tiña a distribución estándar de Ubuntu ao ser instalado en ditos ultraportátiles, para logo ser lanzado en xuño de 2008 como unha distribución completa recibindo aproximadamente 60.000 descargas. Algúns meses máis tarde, precisamente en setembro, saíu á luz a versión Ubuntu Eee 8.04.1, moito máis rápida e estilizada que a súa antecesora, e que até o día de hoxe foi descargada máis de 225.000 veces.
A súa próxima versión, baseada en Ubuntu 8.10, estará dispoñible para descargar en xaneiro de 2009 xa baixo o nome de Easy Peasy.
Fonte da nova:
http://www.fayerwayer.com
