O xornal “Tribune de Genève”, da devandita cidade informa que desde setembro deste mesmo ano, todos os computadores escolares que actualmente teñen instalado tanto Windows como GNU/Linux pasarán a ter instalado só GNU/Linux e usarase só Software Libre.
Manuel Grandjean, director dos servizos de IT das escolas (Ecoles-Médias) sinala que o uso exclusivo de Software Libre “anima a participación e democratización do coñecemento e proporciona competencias de produtos independentes”. Tamén comenta que o ve como un “reforzo da igualdade de oportunidades” para os estudantes.
Fontes: Tuxpepino
