A versión de Ubuntu que emprega o escritorio KDE, a denominada Kubuntu, non está a cumprir as súas expectativas segundo os seus responsábeis. Por este motivo e para impulsar a súa popularidade decidiron lanzar Project Timelord.
Dende a páxina oficial de Kubuntu anunciaron que tras unha reflexión de varios dos desenvolvedores chegaron á conclusión de que Kubuntu non está alcanzando todo o seu potencial. Xa sexa por cambios importantes de arquitectura, polo uso de certas tecnoloxías de Ubuntu ou polo limitado tempo co que contan os desenvolvedores.
Segundo os desenvolvedores da iniciativa, os erros e as traducións son dúas das bases do limitado éxito de Kubuntu. O equipo está saturado de traballo dado que tamén fan tarefas propias do Proxecto KDE para poder conseguir un produto de calidade.
O obxectivo dos responsábeis de Kubuntu é que a versión 10.04 sexa moito mellor que a actual, para que cando chegue dentro dun ano a 10.10 teña un salto de calidade moi significativo. Para isto teñen pensado atraer máis desenvolvedores e implementar un mecanismo de validación de calidade que debería arranxar moito mellor os problemas.
O Project Timelord ten dispoñíbel un documento PDF coas súas directrices, e unha páxina de contacto dende a cal se pode contribuír co proxecto.
