Canonical vén de publicar o seu software de autenticación single sign-on como un proxecto de código aberto, concretamente baixo o nome de Canonical Identity Provider e cunha licenza AGPL3.
É coñecido por todos que Ubuntu emprega Launchpad como aplicativo de xestión de proxectos para o control das publicacións do seu software, que xa foi publicado a mediados do ano pasado como código aberto, mais o código que implementaba os procesos de autenticación permanecera pechado.
Esta liberación prodúcese apenas uns días antes da publicación da esperada versión LTS Ubuntu 10.04 “Lucid Lynx”.
No anuncio, o xerente da comunidade de Ubuntu, Jono Bacon, dixo que dende que abriran Launchpad veran “florecer unha maravillosa e excitante comunidade de desenvolvemento en torno a el”. No seu blog escribiu “Grazas a Stuart Metcalfe que estivo coordinando o traballo técnico para o liceciamento para sermos quen de contribuír a este cambio.”
O proxecto Canonical Identity Systems está dispoñible en: https://launchpad.net/canonical-identity.
Fonte: Computerworld
