Mancomún

Ubuntu-Tweak para que calquera configure o seu Ubuntu de modo simplísimo

Luns, 23 Marzo 2009
Ubuntu-Tweak é un programa que resulta realmente recomendábel para o usuario que se inicia con Ubuntu e, polo tanto con Galinux, porque permite configurar o sistema ao gusto persoal dunha maneira comprensíbel para o novato e segura para o propio sistema. Facilita a instalación de programas populares, a asociación de aplicativos para extensións de ficheiros, a información basica do sistema como a versión de Ubuntu e o kernel…e, por suposto, xa está 100% en galego.
 
Proporciona un acceso rápido e centralizado a varias opcións de configuración, tanto do escritorio como do sistema, que aínda que existen no sistema orixinal, están dispersas  en diferentes menús o que dificulta a súa localización. Actualmente está soamente preparado para xestionar o escritorio GNOME das últimas versións  de Ubuntu (8.10 e a futura 9.04).
 
Engadir e eliminar programas

Características que Ubuntu Tweak permite xestionar:

  • Vista de información básica do sistema (distribución, kernel, CPU, memoria, etc.)
  • Control de sesión de GNOME
  • Control dos programas de inicio automático

 

 

  • Mostrar/ocultar e cambiar de pantalla de inicio
  • Mostrar/ocultar iconas de escritorio, discos ou dispositivos montados
  • Mostrar/ocultar/renomear o computador, o cartafol persoal, a icona da papeleira de lixo ou a icona de rede

 

  • Opcións do Estilo e comportamento das xanelas estilo Metacity
  • Opcións de Compiz Fusion, configuracións de resolución de pantalla, de efectos de menú, de efectos de xanela
  • Opcións de panel de GNOME
  • Opcións de Nautilus

 

 

  • Opción avanzada de xestión de enerxía
  • Opción do sistema de seguridade
Segundo o autor, un estudantes chinés apaixonado do SwL, Ubuntu-Tweak é un aplicativo desenvolvido en GTK+ que está pensado para axudar ao máximo as persoas que comezan con GNU/Linux no mundo do software libre, como foi hai pouco o foi seu propio caso. Ubuntu Tweak é software libre con licenza GPL (Licenza pública xeral).
 
Instalación
Obviamente se o que se pretende e facilitarlle a vida á xente, o procedemento para descargalo e instalalo forma parte “da solución”: Ubuntu-Tweak non pode ser máis doado e proporciona dous métodos para facernos con el.
  1. Descargalo desde a páxina do desenvolvedor desde onde descargaremos o paquete .deb válido para calquera Ubuntu.
  2. Seguir as instrucións nesa páxina para engadir a fonte para Ubuntu 8.04 ou Ubuntu 8.10.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal