Mancomún

UbuntuDDE, Ubuntu con escritorio Deepin

Venres, 17 Abril 2020

Temos dispoñible outra distribución GNU/Linux, UbuntuDDE, que incorpora o escritorio Deepin a Ubuntu.

Deepin Desktop Environment (DDE) é unha contorna de escritorio intuitiva e atractiva, creada polos desenvolvedores de Deepin Linux. UbuntuDDE non é unha distribución oficial de Ubuntu, de momento.

A diferenza de Deepin Linux, UbuntuDDE non usa a Deepin Appstore. Utiliza Ubuntu Software Center no seu lugar.

Máis información na web de ubuntuDDE

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal