Se Streamtuner era unha boa alternativa para escoitar emisoras de radio en liña, Ubuntuwin TV tamén o é e ademais tamén nos permite ver a televisión en liña.
Ubuntuwin TV trae de xeito predeterminado na súa configuración canles de varios países. A característica máis sobranceira é que permítenos engadir novas fontes de transmisión, e incluso suxerir novas canles para que aparezan no REPID (Repository ID) do repositorio de fluxos de Ubuntuwin TV e unha vez engadidos actualizalos dende o mesmo aplicativo.
Ubuntuwin TV ten de xeito predeterminado VLC como reprodutor, aínda que dende o seu menú de configuración podemos escoller outra opción como Mplayer, Toten ou Kaffeine.
Podemos descargar a versión para Ubuntu 9.04 nesta ligazón, ou para a nova Ubuntu 9.10 nesta outra.

Fonte: ubuntips.com.ar
