Mancomún

Última chamada para remitir presentacións para a Libre Software World Conference 2012

Luns, 17 Setembro 2012

Libre Software World ConferenceMañá martes 18 de setembro é o último día para remitir propostas de presentacións para a III Libre Software World Conference (LSWC’12 ), organizada por AGASOL, que se celebrará os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela coa colaboración e apoio da AMTEGA.

Así todos os interesados en participar en calquera das tres áreas de contido, empresa, administración pública e cidadanía, dun dos maiores encontros de difusión de Software Libre con carácter empresarial e profesional celebrados en España, non deixedes pasar esta oportunidade de remitir as vosas comunicacións, e formar parte do interesante programa que a organización está a elaborar.

Algúns dos importantes poñentes xa confirmados son:

  • Bruce Perens: Creador da definición de Open Source Definition e cofundador xunto con Eric S. Reymond da Open Source Initiative (OSI).
  • Chris DiBona: Chris DiBona é o Director de Open Source para Google, Mountain View, Ca. Os seus equipos supervisan o cumprimento das licenzas e apoian á comunidade de desenvolvedores en código abierto a través de programas como o Google Summer of Code e por medio da publicación de proyectos de código abierto de software e parches.
  • Christian Felber: Especialista en economía sustentable e alternativas aos mercados financeiros. Ten desenvolvido un novo modelo internacional: "A economía do ben común".
  • Corinto Meffe: Director de integración de sistemas no Ministério do Planejamento, Orçamento e Gestão.
  • Fernando Botelho: Fundador de F123, grupo que deseña proxectos co obxectivo de reducir a pobreza e mellorar o acceso á tecnoloxía.
  • John Sullivan: activista da liberdade do software, hacker, e escritor. Actualmente é director executivo da Free Software Foundation, onde está traballando dende comezos do ano 2003. Ademais é poñente e webmaster do proxecto GNU.  

Como saberedes o evento contará con 3 áreas de contido principais:

  • Empresas: área de contidos dirixida a coñecer como as empresas utilizan o Software Libre e a súa filosofía como base para o desenvolvemento de proxectos, ofrecer un escaparate de produtos e servizos, e facilitar a xeración de networking durante o evento.
  • Administración pública e institucións: dado o papel clave na implantación do Software Libre que está a xogar a administración pública, ofrecerase un bloque de contidos específico que ofreza un foro de discusión que axude a descubrir como outras institucións están a utilizar o Software Libre, intercambiar ideas sobre os últimos avances en implantacións e analizar o impacto de políticas de adopción en Software Libre.
  • Cidadanía: Nunha conferencia sobre o Software Libre é moi importante analizar todos os aspectos nos que as persoas poden obter beneficios do Software Libre. Esta área de contidos enfocarase en coñecer as últimas ferramentas de Software Libre, involucrar aos usuarios en grupos e comunidades de desenvolvemento e participar en talleres prácticos de interese.

Os interesados en participar na LSWC’12 cunha charla, presentación ou demostración deberán inscribirse no evento como poñentes e seguir os pasos indicados para completar o envío da súa proposta de intervención. As presentacións, para a súa valoración, deberán adaptarse aos seguintes criterios:

  • O resumo terá un máximo de 300 palabras.
  • Indicar a área temática: Administración pública e institucións, Cidadanía ou Empresas
  • Xuntar a presentación nun formato aberto, tendo en conta que a súa exposición será, como máximo, de 25 minutos.

Dentro do período de recepción é posible editar os datos e información remitida accedendo de novo ao sistema de rexistro.

Unha vez realizada a valoración e selección, todos as propostas recibirán unha resposta por parte da organización respecto da súa aceptación ou non aceptación.

A Libre Software World Conference 2012 de Santiago de Compostela está concibida como un evento aberto e como fonte de solucións diversas, pero concretas e resolutivas aplicadas a distintos sectores. Empresas, institucións e individuos encontrarán nestes dous días de intercambio de coñecemento e experiencias proxectos, avances, casos concretos e foros de discusión creados especialmente para eles sobre a base tecnolóxica máis eficiente do software libre.

A asistencia é de carácter aberto e gratuíto, só é preciso inscribirse antes do 4 de outubro dende a web habilitada aos efectos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal