Mancomún

Últimos días para inscribirse nos próximos cursos do CNTG

Mércores, 30 Decembro 2009

Xa quedan poucos días para inscribirse nos vindeiros cursos que se impartirán no CNTG no primeiro trimestre do ano 2010. O prazo remata o vindeiro día 6 de xaneiro.
Entre estes cursos, atópanse algúns dos cursos de software libre incluídos na programación do CNTG, dos que xa informamos no seu día.

Para inscribirse nos cursos é preciso rexistrarse na web do CNTG, logo acceder á ficha do curso dende a sección de formación e cumprimentar o formulario de inscrición correspondente.

As probas de selección do alumnado destes cursos realizaranse os días 11 e 12 de xaneiro no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, localizado na rúa Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, de Santiago de Compostela. Concretamente:

Luns 11 de xaneiro de 2010

  • Creación dixital en 3D con Blender – 12:30

Martes 12 de xaneiro de 2010

  • Administración inicial de sistemas operativos Red Hat Linux – 12:30
  • Administración avanzada de sistemas operativos Red Hat Linux – 16:30

Estes cursos do CNTG están dirixidos ben a persoal desempregado ou ben en activo. Para presentarse ás probas de selección dos cursos é preciso presentar certa documentación.

Fonte: CNTG

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal