Mancomún

Últimos proxectos rexistrados na Forxa

Luns, 25 Maio 2009

Dende xaneiro deste ano, rexistráronse na Forxa de Mancomún varios proxectos interesantes:

  • Sketch-Arm: Un aplicativo de prototipado rápido de armarios, pensado para que calquera poida deseñar os seus propios armarios de forma sinxela.
  • Exeria: Aplicativo para unha linguaxe non sexista.
  • SysMonitor: Script basico para a monitorización de sistemas GNU/Linux.
  • Orzametal13: Un sistema que permitirá a empresas fabricantes de xanelas levar unha xestión redimensionábel e modular.
  • Plugin zabbixbar para firefox:Un plugin para Firefox que amosa na parte baixa do navegador as alertas activas do sistema de monitorización zabbix
  • XERPA: un proxecto de Xestión ERP amigábel.
  • GaliTrivial: Un interesante proxecto que consiste nun xogo de Trivial en galego.
  • Charanga-CMS: Sistema de Xestión de Contidos (CMS) para charangas
  • MinTrad: Este proxecto consiste nun metapaquete Debian que instala unha serie de ferramentas de tradución e un contorno gráfico propio.
  • Apticon: Un aplicativo que facilita a instalación de programas en Ubuntu para usuarios noveis, creando un minilanzador de apturl para automatizar a instalación de programas desde unha icona. O programa que fai isto chámase Apticon Creator.

    Este proxecto superou todas as regras de Launchpad e políticas de empaquetado de Debian. Pódese atopar tamén en https://launchpad.net/apticon.

Así mesmo, rexistráronse varios proxectos propios de Mancomún:

  • Hyphenation-gl: Un separador silábico para o galego baseado en Hyphenation
  • Glosario galego localización software: Un proxecto creado para coordinar o desenvolvemento tanto do glosario coma do manual de localización de Mancomún
  • Tmx2po: Sinxelo script que permite a conversión de memorias de tradución en formato .tmx a formato .po.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal