Mancomún

Un ano máis, a asociación GHANDALF achega o software libre ás novas xeracións impartindo relatorios en varios centros de ensinanza

Xoves, 8 Outubro 2015

Logo de GhandalfComo vén sendo habitual, dende a súa creación, a asociación GHANDALF fai unha importante labor de achegamento do software libre ás novas xeracións.

Durante o pasado mes de agosto, máis de 250 alumnos, pertencentes a diferentes niveis formativos da ESO, así como de ciclos superiores de ensino, e profesores de 3 centros galegos de ensino, situados nas localidades de A Baña, Negreira e Coristanco, recibiron varios relatorios en torno á filosofía do software e a cultura libre.

Nestes relatorios, os asistentes puideron coñecer a filosofía detrás do software libre, descubrindo que sen ser conscientes xa estaban a empregar moitas tecnoloxías deste tipo nos seus ordenadores, teléfonos e tablets. Coñeceron tamén algunha iniciativa de cultura libre, como a Wikipedia e outras iniciativas libres, como atopar este tipo de recursos, etc…
A acollida por parte dos alumnos resultou moi boa, igual que en anos anteriores, mostrándose moi interesados e participando activamente nas xornadas. Ao final das mesmas repartíronse entre os asistentes algúns libros sobre software libre que a asociación GHANDALF ten traducido e editado en galego, así como memorias usb con software libre e documentación para que os alumnos poidan seguir afondando pola súa conta.

Estas charlas forman parte das actividades que a asociación GHANDALF realiza no marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal