Mancomún

Un caso práctico de como comparar proxectos de software libre: Osmius, Nagios e Zabbix

Martes, 30 Xuño 2009

No seguinte blog analizan e comparan de forma cuantitativa, mediante unha serie de gráficas, distintos proxectos de software libre, para ver o seu estado actual. Este tipo de estudos comparativos só son posíbeis no caso de proxectos de software libre onde se pode ter acceso ao código fonte e aos seus repositorios, para poder comparar desde o número de liñas que compoñen o aplicativo, cantos desenvolvedores traballaron nel nos últimos meses.

No blog fan unha comparativa de tres ferramentas de monitorización de computadores. As tres ferramentas son:

  • Osmius
  • Nagios
  • Zabbix

As gráficas comparativas que aparecen reflicten a evolución en número de liñas do proxecto, os cambios día a día, e a cantidade de persoas involucradas no proxecto. Adicionalmente, nos comentarios do blog, pódese ver outra gráfica, que facendo uso doutra ferramenta, mide a popularidade dos distintos softwares, outro factor fundamental á hora de toma de decisións.

Estás gráficas poden non ser relevantes, xa que a calidade do software, en si mesma, non é medíbel debido á súa natureza, xa que o valor que ten un software, depende de que usuario o avalíe…
Fonte da nova:
http://www.jlmarina.net/index.php/archives/178

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal