Mancomún

Un coche autónomo a escala controlado con software libre

Mércores, 17 Xuño 2009

RobocarRoboCar é un pequeno coche con navegación autónoma, deseñado por unha empresa xaponesa e que ten como principal obxectivo o desenvolvemento de vehículos autónomos con tecnoloxía de seguranza e protección contra dos accidentes e sistemas de transporte intelixentes. Tamén podería ser usado para medir consumos e rendementos de coches propulsados por pilas de combustíbel.

O coche executa unha versión embutida de Linux e o seu módulo (opcional) de recoñecemento óptico de imaxes execútase sobre un procesador paralelo NEC IMAPCAR que funciona en tempo real (RTOS). Ademais tamén se fornece co coche, unha API de desenvolvemento para Linux, para a programación de novas características.

Cunha escala de 1/10 e cun prezo que vai desde os 7.000 $ do modelo básico (a metade que o dun coche de tamaño normal das mesmas características), RoboCar convértese nunha alternativa moito máis barata e sobre todo cuns requirimentos de espazos de traballo moito máis pequenos, alén de que os recambios son moito máis baratos.

RoboCar conta con conexión Wifi e interactúa co seu contorno cunha cámara estéreo que pode ser mellorada coa inclusión do módulo de recoñecemento óptimo de imaxes. Ademais tamén inclúe sensores de xiro e aceleración, oito sensores de distancia por infravermellos, etc….

Máis información na páxina do fabricante: http://www.zmp.co.jp

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal