Mancomún

Un escritorio no peto con Mandriva Flash 2010

Mércores, 2 Decembro 2009
Mandriva Flash 2010Mandriva acaba de presentar recentemente o seu actualizado Mandriva Flash 2010, unha chave USB de 8 Gb que inclúe un completo e funcional escritorio de Mandriva Linux 2010 listo para usar en calquera computador moderno sen ningunha complicación.

Mandriva Flash 2010 ten 6 Gb dispoñíbeis para almacenar datos persoais e máis aplicativos e tamén inclúe un instalador para o envorcado a un disco ríxido nuns poucos clics. Esta chave USB pódese mercar na Mandriva Store por cerca duns 40 € (59,90 U$), Ademais este produto tamén trae un CD de restauración e un lanzador de Windows, que permite executar as versións de Firefox e Thunderbird para o sistema operativo de Microsoft, pero cos marcadores e os correos electrónicos gardados no sistema Mandriva da chave USB.
Outra nova de interese para a comunidade hispanofalante de Mandriva é que o dominio blogdrake.net, o blog de Mandriva, está tendo un problema temporal, polo que dende noticiasdrake informaron que o dominio deste blog será agora blogdrake.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal