Mancomún

Un profesor de Valdoviño pon accesible na rede titoriais de Qcad e Inkscape

Xoves, 29 Maio 2008
titorialTucho Méndez, profesor de tecnoloxía no CPI de Atios en Valdoviño, vén de poñer a disposición de todos os internautas titoriais básicos de uso das ferramentas de software libre Qcad e Inkscape. Os exercicios e os videotitoriais incluídos na web son resultado do material elaborado por Méndez para a práctica da docencia nas aulas de tecnoloxía do seu colexio.
Até o de agora só están dispoñibles seis capítulos de cada unha destas ferramentas, pero o material irá incrementándose paulatinamente. Como sinala o propio Tucho Méndez na presentación do blog “xa están grabadas 27 unidades (9 de Qcad e 18 de Inkscape), que son coas que eu traballei no meu colexio e ao blog vou subindo as que están un pouco mellor”.
 
O curso estrutúrase entorno ás anotacións do blog, onde se expón unha breve explicación do tema, que é completado cun exemplo en forma de videotitorial e exercicios prácticos adicionais.

 Capturas de pantalla dos videotitoriais:

 Os titoriais están dispoñibles nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal