Mancomún

Unha asociación de municipios franceses libera a súa plataforma de goberno electrónico

Luns, 22 Agosto 2016

Plataforma PléiadeA plataforma de goberno electrónico Pléiade foi liberada como software libre pola asociación francesa de municipios e-Collectivités Vendée, que integra centos de usuarios desta solución. Con esta publicación queren potenciar a súa reutilización por parte doutras administracións, que ademais poidan colaborar no seu desenvolvemento e mellora.

Pléiade é unha solución web, despregada a través de servidores con GNU/Linux e que está formada por unha pila de solucións de software libre. A páxina base está construída sobre Drupal, inclúe Alfresco como xestor da documentación, unha solución libre de sinatura electrónica, iParapeur, transmisión de ficheiros con FileZ e un bus de servizos, soportando tamén a autenticación centralizada mediante OpenLDAP.

Aínda que acaba de ser liberada, a solución é madura e fiable, xa que leva en produción dende o ano 2014, sendo empregada por un total de 213 municipios e 133 empresas de xestión municipal.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal