Mancomún

Unha compañía de telefonía móbil ofrece un servizo de correo Linux para empresas compatíbel con BlackBerry

Luns, 1 Xuño 2009

Bes LinuxGrazas á compañía de telecomunicacións Vodafone, xa é posíbel que as compañías gocen de todas as funcionalidades de BlackBerry cun servidor de correo Linux. BES (BlackBerry Enterprise Server) para Linux é un novo servizo que permite ás empresas acceder desde o dispositivo BlackBerry ao correo en tempo real, dun xeito práctico e sinxelo. Ao tempo que resulta máis seguro, xa que todos os datos que se envían e reciben están cifrados.

Se ben o servizo "BlackBerry Empresas", ofertado por Vodafone, era funcional sen os sistemas de código aberto, este requiría do uso de aplicativos propietarios cunha serie de custes e gastos elevados. De aí a importancia de optar por alternativas libres.

A primeira administración nacional en empregar o servizo, incluso en toda Europa, está sendo a Junta de Andalucía, en colaboración con Vodafone España.
O sistema, denominado Atlas, foi desenvolvido por GMV para Vodafone España, e instálase como unha peza máis na arquitectura de correo corporativo. Deste xeito, pódese dispoñer de todas as funcionalidades do servizo BES, tales como: políticas de seguridade e datos cifrados, conexión en tempo real coa conta de correo, posibilidade de compartir arquivos e información, entre outros.

A operadora de telefonía móbil, pioneira ofrecendo este tipo de servizos, achega toda a información, asesoría e xestión total.

Fonte: Uberpc.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal