Mancomún

Unha consultora augura un crecemento de máis do 20% para o software libre en todo o mundo

Xoves, 3 Setembro 2009

A venda de software de código aberto incrementarase en dous díxitos para o presente ano e ata o 2013 segundo estima a firma de investigación IDC no seu estudo "Worldwide Open Source Software 2009-2013 Forecast, publicado recentemente.

A empresa consultora estima que de aquí ao 2013 os ingresos en todo o mundo pola venda de software de fonte aberta terán unha taxa de crecemento anual de 22.4% para chegar a 8.1 mil millóns de dólares no ano referido.

A información dada a coñecer pola compañía resulta interesante en función de que no estudo rexistrouse un maior número de proxectos que utilizan software libre con respecto á versión presentada en 2008, destacando ademais a aceptación que este tipo de ferramentas tivo con base na situación económica mundial.
Michael Fauscette, vicepresidente do Grupo de Solucións de Software para Negocios en IDC, afirmou que o software de código aberto xa é clave nas estratexias empresariais, de tal forma que este tipo de recursos estase incorporando a un ritmo máis acelerado nas infraestrutura de software das compañías, forzando aos desenvolvedores de aplicativos a traballar na consolidación das súas propostas de negocio e penetración de mercado para lograr maior escala no caso de que estean interesadas en continuar como empresas independentes.

"Na consolidación do mercado os provedores de software de fonte aberta non serán inmunes ao frenesí de adquisicións; o máis grande é o que obterá o maior potencial para manterse independente", afirmou o especialista e indicou que grandes compañías -como IBM, Sun, Dell, HP e Oracle, entre outras- están logrando ingresos importantes das actividades que directa ou indirectamente realizan coa achega de plataformas de software de fonte aberta, aspecto que resulta positivo para os desenvolvedores sobre todo no sentido de que impulsa en gran medida a incorporación, adopción e aceptación dos programas.

Fonte: La Flecha

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal