Mancomún

Unha empresa desenvolve un software para axudar a reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2

Martes, 20 Outubro 2009

Sadiel, unha empresa con sede na cidade de Sevilla, desenvolveu en software libre un aplicativo que, de xeito automático, apaga os computadores que estean acendidos co obxectivo de aforrar kilovatios de consumo eléctrico e ao mesmo tempo axudar a reducir as emisións de CO2.

O aplicativo desenvolveuse a partires dunha idea que gañou un concurso interno sobre innovación da propia empresa e que celebran anualmente entre o seu persoal.

"Con esta ferramenta asegurámonos de que a partires dunha determinada hora, e en función das nosas necesidades, o programa se active nos computadores conectados á rede interna e apague aqueles que quedaran acendidos”, explica Isidro Fornos, director de mercado e mercadotecnia de Sadiel. "De calquera xeito, non é un sistema invasivo, os traballadores que teñan un horario diferente ao do resto ou que decidan manter o computador funcionando teñen a posibilidade de facelo coa opción de autorregulación", aclara. Non obstante, estas decisións quedarán rexistradas para obter cadros de mando cos principais indicadores de aforro e uso.
O aplicativo é compatíbel cos sistemas operativos baseados en Linux e Windows.

Fonte orixinal da nova:
http://www.cenatic.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal