Mancomún

UniConvertor, o editor de gráficos vectoriais do proxecto SK1

Martes, 26 Maio 2009

UniconvertorSk1 é un proxecto que desenvolve un editor de imaxes vectoriais de código aberto, o UniConvertor (universal vector graphics translator), que pretende dar unha alternativa profesional ao software privativo coma CorelDraw ou o Adobe Illustrator, e ven aumentar as posibilidades que tiñamos cando buscabamos un programa destas características, xa que ata o de agora, no mundo do software libre só contabamos con varios que puidesen satisfacer as nosas necesidades neste eido, coma o lnkscape, o XaraLX ou o OpenOffice Draw.

SK1 é unha bifurcación de Sketch que quere fornecer GNU/Linux, Windows e Mac Os, co seu editor UniConvertor, que ademais de permitir editar imaxes vectoriais tamén está orientado ao procesamento de PostScript.

Como as características máis relevantes deste editor pódese destacar que permite o manexo de CMYK en PostScript, o seu motor está baseado en Cairo, a xestión da cor está integrada ou que a interface de tcl/tk está mellorada.
Este editor permítenos converter unha imaxe dun formato vectorial a outro, entre os que se atopan:

  • AI – Adobe Illustrator, até a versión 9 (postscript)

  • PS, EPS – Postscript e Postscript Encapsulado

  • CDR, CDT – CorelDRAW Graphics (versións 7-X3 e X4)

  • SVG – Gráficos vectoriais escalábeis

  • FIG – XFig

  • CGM – Computer Graphics Metafile

  • AFF – Draw

  • WMF – Windows Metafile

  • SK – Sketch/Skencil

Fontes:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal