Mancomún

USB 3.0, primeiras probas en Linux

Martes, 16 Decembro 2008

{mosimage}Coa finalización e publicación das especificacións finais de USB 3.0, o novo porto de interconexión de periféricos que promete aumentar en dez veces a velocidade de transferencia de datos e mellorar a xestión enerxética, chegan os primeiros controladores e probas de prototipos funcionando baixo Linux.

Na demostración, a velocidade de transferencia de datos superaba en 3,5 veces ao estándar USB 2.0, aínda afastada dos prometidos 600 MB/s, aínda que se trate da primeira etapa da implementación.

Para obter o soporte básico en Linux hai que modificar a pila USB e outros cambios recomendados polas especificacións oficiais. Ademais necesítanse drivers para a controladora de host xHCI encargada da comunicación dos dispositivos co software.

O primeiro parece máis fácil coa publicación da especificación, e serán implementados no kernel e recollidos por provedores como RedHat, Novell ou Canonical, despois de ser revisados. O driver para a controladora de host é máis complicado, necesita cambios máis profundos que os do núcleo básico e non pode ser enviado para revisión da comunidade Linux ata que a especificación xHCI non sexa liberada.

Desenvolvemento prometedor aínda que non hai un programa oficial de cumprimento do estándar en Linux, polo que algunhas das súas características poderían non estar dispoñibles ou non obter todas as súas vantaxes, segundo anuncian.

Recordemos que os dispositivos USB 3.0 manterá retro compatibilidade con versións anteriores do estándar, funcionando en todos os sistemas en que o fagan USB 2.0/1.0 aínda que loxicamente sen obter as melloras en rendemento/eficiencia enerxética do novo desenvolvemento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal