Mancomún

uSbuntu Live Creator: crear fácilmente un "USB-Vivo" de Ubuntu dende Windows

Luns, 2 Febreiro 2009

{mosimage}uSbuntu Live Creator é unha ferramenta para crear facilmente dispositivos USB-Vivos con Ubuntu desde Windows, é dicir, instalar o sistema operativo nunha chave USB para poder executalo e usalo en calquera computador que permita arrincar desde o dito medio.

É similar ao aplicativo que xa vén incluído de serie en Intrepid Ibex, pero ten algunha funcionalidade adicional e traballa perfectamente para crear chaveiros USB con sesións en vivo de Ubuntu, Kubuntu e Xubuntu.

O proceso é moi sinxelo, ao executalo aparecerá unha curiosa interface gráfica cos cinco pasos a seguir para a creación dun USB en vivo:

  1. Seleccionar o dispositivo USB onde será instalado.
  2. Elixir o arquivo fonte do sistema operativo (o ficheiro .iso descargado ou o CD de instalación)
  3. Elixir o tamaño de persistencia dos datos: elixindo por exemplo 100MB, poderanse utilizar eses 100MB para gardar datos e arquivos de configuración mesmo cando se reinicie a sesión.
  4. Seleccionar algunhas opcións adicionais (formatar o dispositivo, activar a execución de Ubuntu en Windows…)
  5. Realizar a instalación.

En todos os pasos hai un botón de axuda, onde obter unha aclaración de que é exactamente cada paso, e tamén un indicador en forma de semáforo que indica se ese paso está configurado correctamente.

Fonte: Genbeta.

Fonte orixinal: UbuntuGeek.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal