O reprodutor de medios do proxecto VideoLAN, VLC media player, é un reprodutor multiplataforma que destaca porque admite unha gran cantidade de códecs e tamén polo seu fácil manexo.
Este aplicativo permite facer unha gran cantidade de tarefas, das que as máis sobranceiras son:
-
Permite extraer DVD’s. Para levar a cabo isto hai que ir a Medios->Converter/Gardar. Seleccionase a partir do minuto e do capítulo ou titulo que se vai a converter, ponse un nome con extensión MPEG e para rematar gárdase.
-
Reproducir ficheiros .RAR. VLC pode reproducir un vídeo comprimido con extensión .RAR sen ter que descomprimilo, incluso cando o vídeo está divido en varios ficheiros. So se precisa reproducir o primeiro e o resto reprodúcense automaticamente.
-
Reproducir un vídeo en ASCII. Reprodúceos en consola e é preciso reiniciar o aplicativo cada vez que se active ou desactive está opción. Isto activase en Ferramentas->Preferencias…->Vídeo->Saída, unha vez aquí seleccionase “Saída de vídeo arte ASCII con cor”
-
Escoitar a radio. Isto activase en Lista de reproduzón->Fontes adicionais marcando a opción “Escoitas de raido SHOUTcast “. Unha vez feito isto dende Lista de reproduzón->Amosar a lista de reproduzón podemos ver as emisoras de radio dispoñíbeis.
-
Converter audio e vídeo. Esta é unha tarefa moi sinxela: só hai que escoller o ficheiro a converter, o formato no que se desexa converter e o cartafol onde se quere gardar. Todo isto dende Medios->Converter/Gardar.
-
Descargar vídeo dende Internet. Cópiase o enderezo da páxina web na que se atope o vídeo e pégase en Medios->Abrir rede… e prémese en reproducir. Cando se estea reproducindo pódese achar a fonte precisa do vídeo dende Ferramentas->Informazón dos códecs…, ábrese unha xanela na que na súa parte inferior hai un cadro de texto “Localizazón” onde aparece o enderezo do vídeo. Este enderezo pégase no navegador e empezarase a descargar o vídeo.
A versión de VLC empregada para facer estas tarefas foia a 0.9.9a.
Fonte: Pillate un Linux
