Mancomún

V Aniversario de AGNIX

Venres, 31 Outubro 2008
http://brenlla.blogaliza.org/files/2008/07/agnix_sen_trazo_309x54.pngVisto na páxina de AGNIX:

“Tal día como hoxe, entregabamos na oficina da Coruña a Acta Fundacional de AGNIX con data de 29 de outubro de 2003.

Unhas liñas non abondan para relembrar as moitas loitas e frontes onde participamos e as grandes melloras que a nosa sociedade acadou no eido do SwL dende aquela grazas ao esforzo de moita xente, de diversos recunchos e condicións, moitas veces de xeito anónimo.

De aí que, con espírito festeiro, imos celebrar un hacking-cocido en casa Amancio (Vilamaior 9 – Lavacolla – Santiago, mapa aquí), sede doutras xuntanzas de AGNIX, o vindeiro 8 de novembro. Quen queira vir, por favor, que mande un correo-e ao presi Manuel para reservar con antelación: mhermo @ gmail.com.”

Fonte:
http://www.agnix.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal