O vindeiro 19 de xaneiro de 2013 terá lugar a V noite Drupal & GNU/Linux organizada unha vez máis polas asociacións GALPon (Pontevedra), Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e a Asociación Ociorum (A Coruña).
As #noitedl xorden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta das citadas asociacións, tomando a testemuña nas seguintes edicións a cidade de Vigo en xullo de 2011, Ordes en decembro de 2011 e A Coruña en marzo de 2012. Desta volta é a quenda de Narón como cidade anfitrioa da quinta edición da noite drupal, concretamente no local de Ada Formación, sito na rúa Santa Tecla.
A organización ten o firme convencemento de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para o desenvolvemento dunha sociedade libre e xusta, polo que animan a todas as persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre, sexa calquera o nivel de coñecementos que teñan, a participar nesta actividade de carácter gratuíto, sendo soamente preciso realizar unha inscrición previa por motivos organizativos.
Como en anteriores edicións os obxectivos da actividade son:
- Crear un espazo dinámico de referencia de innovación, dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
- Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
- Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.
O programa desta IV noite Drupal é o seguinte:
- 11:00 – 13:30 : Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!
- 16:00 – 20:00 (Pendentes aínda de confirmación)
- Relatorio “Ecosistema Drupal” -> @apermuy
- Charla “Display suitel” -> jcartelle
- Despois dos relatorios será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construír , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , … todo con Drupal como protagonista.
Dende a organización animan a estar atentos ás roldas de correo do grupo de usuarios/as Drupal se se quere atopar a algunha outra persoa coa que compartir o desprazamento ata a #noitedl ….
Fonte: Galpon
