Por segunda vez este ano, OUSLI volve organizar unha nova Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense, sendo xa a 5ª edición das mesmas.
Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo entre o alumnado do Centro de FP Caixanova así como ao público en xerla que queira achegarse ata as instalacións do mesmo sitas en en Finca Sevilla Nº2, ao lado de Expourense.
As Xornadas realízanse grazas a colaboración do centro de FP Caixanova , de Openhost a OSL-USC e o CGA.
A xornada terá lugar o día 20 de decembro de 8:30 a 14:00 horas co seguinte programa:
- Programar e traballar en software libre.
- Software libre para a xestión da rede educativa máis grande do mundo
- Introducción ao software libre.
- Taller 1.1 Tradución de software libre ao galego.
- Taller 1.2 O que fago en Windows o fago en Linux.
- Taller 2.1 Sistemas de clonado Clonezilla + DBRL.
- Taller 2.2 Introducción Ajax con PHP.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.
