Os vindeiros días 2, 3 e 4 de decembro terán lugar en Valencia as Xornadas internacionais de gvSIG, organizadas pola "Conselleria de Infraestructuras y Transporte (CIT) da Generalitat” que se celebran por quinto ano consecutivo e contan coa participación de destacadas organizacións dun amplo abano de países que presentarán os seus traballos con este Sistema de Información Xeográfica libre. Este ano preséntanse proxectos de España, Italia, Alemania, Serbia, Arxentina, Venezuela e Honduras.
A asistencia a estas xornadas é gratuíta previo rexistro mediante o formulario de inscrición por cuestións de aforo.
Un ano máis, estas xornadas contan con boa representación galega cun total de 4 comunicacións presentadas polos membros do Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica na ETSE de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC), coñecido como Cartolab, a quen tivemos a ocasión de entrevistar hai algúns meses.
As comunicacións que presentarán son:
- gvSIG en la EIEL de la Diputación de Pontevedra. Que será presentada por Juan Ignacio Varela e Fco. Alberto Varela (Cartolab – Univ. de Coruña)
- Desarrollos en gvSIG para la mejora de la gestión de información para ISF en Honduras Que será presentada por Juan Ignacio Varela e Fco. Javier Tsao (Cartolab – Univ. de Coruña)
- NavTable, navegando por los datos en gvSIG Que será presentada por Juan Ignacio Varela e Pablo Sangiao (Cartolab – Univ. de Coruña)
- Desarrollos sobre gvSIG para el Plan de Saneamiento de Galicia Que será presentada por Juan Ignacio Varela e Pablo Sangiao (Cartolab – Univ. de Coruña)
Na web das xornadas está dispoñíbel para a súa consulta o resume destas e do resto de comunicacións incluídas no programa das xornadas.
Ademais das comunicacións, tamén haberá obradoiros prácticos no que se amosarán as novidades das diversas aplicacións da familia gvSIG e os camiños abertos a novas áreas de desenvolvemento como a enxeñaría civil ou a integración dos sensores cos sistemas de información.
- Obradoiro 1: Desenvolvemento en gvSIG 2.0
- Obradoiro 2: gvSIG 3D e animacións
- Obradoiro 3:Desenvolvemento en gvSIG Mobile
- Obradoiro 4: Novidades gvSIG vectorial.
- Obradoiro 5: Novidades gvSIG ráster
- Obradoiro 6: gvSIG en dispositivos móbiles
- Obradoiro 7: Novidades gvSIG redes
- Obradoiro 8: gvSIG, Enxeñaría civil
- Obradoiro 9: gvSIG Sensores
Tanto as comunicacións como os obradoiros disporán de tradución simultánea Castelán-Inglés ou Inglés-Castelán.
Fonte: gvSIG
