Mancomún

Vagalume actualízase e agora permite a reproducción de música doutros servizos

Mércores, 20 Maio 2009

VagalumeIgalia anuncia no seu blogue que agora que Last.fm está restrinxido en moitos países, comezará a dar soporte as persoas que non poden, ou no queren empregar máis Last.fm, para servizos similares. Polo que informan o seu internacionalmente recoñecido Vagalume contará agora con soporte para Libre.fm.

Vagalume foi deseñado inicialmente permitir escoitar a radio Last.fm nun dispositivo móbil, e agora tamén permite facer o mesmo con Libre.fm . Tamén se pode empregar Vagalume en computadores convencionais, para os que se pode atopar o seu repositorio para Debian e Ubuntu. Outra opción é empregalo nun móbil Nokia N800, baixo a plataforma Maemo, que está basada en Gnome e Debian. Ademais  podemolo atopar en 8 idiomas, entre os que se atopa o galego.

Libre.fm é un proxecto web da comunidade colaborativa musical que nace como alternativa do software libre ao servizo que proporciona Last.fm. Este servizo permítelles aos usuarios entre outros servizos, compartir os seus gustos musicais, descubrir música nova e atopar usuarios con gustos musicais similares, o cal logra ao xerar un rexistro automaticamente do que escoita o usuario, mediante a utilización dun reprodutor musical capaz de enviar os datos necesarios ao sitio web. O código de Libre.fm está baixo a licenza GNU AGPL.
Cabe destacar que segundo fai saber o propio sitio web, ata o 4 de maio de 2009 rexistráronse datos de 3.000.000 de reproducións e estaban rexistrados ao redor de 4.000 usuarios.

Fontes: http://blogs.igalia.com/berto/2009/05/20/coming-soon-to-your-screens/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal