A cidade de Valencia usa Epoptes para permitir aos profesores xestionar todos os PCs dunha aula. O software é unha das aplicacións que están incluídas no Lliurex, a distribución GNU/Linux empregada en 120.000 PCs escolares. Segundo conta Hector García Huerta un dos mantedores de Lliurex, "Epoptes é o noso principal xestor de clase, e é utilizado intensamente desde 2013."
Este é un exemplo clásico de reutilización de software dentro da administración pública. A cidade de Valencia é un dos moitos usuarios de Epoptes, software desenvolvido como código aberto pola administración pública grega desde o ano 2008. O programa é mellorado por membros do persoal do departamento de TI da cidade, compartindo o seu código publicamente.
No presente, o departamento de TI da cidade de Valencia axudou a modificar e ampliar a funcionalidade Epoptes. Por exemplo, construíron a opción para bloquear e desbloquear as conexións a Internet dos PCs xestionados. Tamén engadiron un chequeo, para evitar que os alumnos eludan o control de Epoptes cortando a conexión de rede. Como o software inicial, estas melloras encóntranse en Epoptes e están tamén dispoñibles.
Epoptes é un software usado en moitos países europeos: Grecia, Italia, España, Portugal, Holanda, Bulgaria, Polonia e Alemaña. Ademais o software é tamén empregado nas escolas de Tanzania por Camara, unha institución de caridade de Irlanda. E á semellanza de en Valencia, o proxecto recibiu melloras de código dende un equipo no Brasil, que sumou apoio multiterminal.
Nos últimos anos, o proxecto estivo financiado polo Instituto de Tecnoloxía de computación grego, que á súa vez recibiu financiamento do Ministerio de Educación e da Unión Europea, explica creador Alkis Georgopoulos. O desenvolvemento e mantemento de Epoptes forma parte do programa de apoio escolar grego Stirizo, que rematou en decembro. Actualmente, dous dos desenvolvedores, Alkis Georgopoulos e Fotis Tsamis, estaban a traballar a tempo parcial para o proxecto Stirizo, permitíndolles pasar unhas horas á semana no proxecto. Os desenvolvedores españois, en contacto cos seus homólogos gregos, están loitando para continuar o proxecto.
