Posiblemente PHPbb sexa o CMS libre para foros máis coñecido, pero hai máis opcións no software libre. Un delas é Vanilla, un sistema de foros feito en código aberto que podemos descargar e instalar no noso servidor, ou ben crear un de maneira directa e gratuíta dende Vanilla Forums.

Vanilla conta con máis de 450 complementos, como informa na súa portada, para personalizar o foro segundo as necesidades da nosa comunidade.
Ten un deseño moi harmónico e simple, co que permite unha boa usabilidade. Quizais, se o que estamos buscando é crear o noso propio foro, ben lle podemos dar unha oportunidade. Para probar o seu funcionamento ou ver como se utiliza podemos acceder ás discusións do sitio do autor e facelo dende alí.
Se o que buscamos é un foro con un deseño minimalista, Vanilla sería unha boa alternativa. Aínda así, que isto non nos leve a engano, xa que posúe tantas funcionalidades como precisemos. Este CMS para foros caracterizase por saír un pouco das estruturas tradicionais dos foros.
É compatíbel cos estándares e o feito de que máis de 300.000 empresas, marcas e usuarios empreguen xa este CMS, fai del unha moi boa opción para crear o noso foro.
Fonte: linuxhispano.net
