Mancomún

"Vantaxes do Software Libre para as Pemes" por AGASOL na Confederación de Empresarios de Pontevedra

Martes, 9 Decembro 2008

agasolVisto en Agnix.org :
“Baixo o título “Vantaxes do Software Libre para as Pemes“, a CEP (Confederación Empresarial de Pontevedra) acollerá a seguinte xornada de difusión de AGASOL para presentar o SwL.

O evento terá lugar o dia 17 de decembro ás 17 hs na sede da CEP (Avda García Barbón nº 104 Andar 1º, Vigo) ten como obxectivos presentar as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para a contorna empresarial (redución de custos, independencia de fornecedores, uso de estándares…), e maila súa viabilidade de implantación nas Pemes. Dar a coñecer casos de éxito da implantacións do SwL en empresas e gobernos.

Na web da CEP pódense obter o díptico do evento e mailo formulario de inscrición.”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal