Mancomún

Versión 1.0 de Bilbo Blogger. Greenway

Luns, 7 Setembro 2009

Bilbo Blogger é un aplicativo libre (baixo a licenza GPLv3) para o escritorio KDE que nos permitirá escribir entradas nos servizos de blogs máis importantes. Está enfocado á simplicidade e á usabilidade.

Logo do programa

Este pasado venres anunciouse o lanzamento da versión 1.0, que leva por nome Greenway. Este aplicativo colle o seu nome do personaxe da obra de Tolkien O Señor dos Aneis, Bilbo Bulseiro, e tamén esta versión colle o seu nome desta saga: Greenway era o camiño que levaba de Minas Tirith a Fornost.
Entre as características deste cliente para a edición de blogs destacan:

  • Un editor WYSIWYG completo, ademais dun editor HTML
  • Previsualización da entrada co estilo do teu blog, como se estiveses a visitar o blog
  • Compatibilidade coas API de Blogger1.0, MetaWeblog, MovableType (WordPress é compatíbel con todos estes) e Google GData (empregado nos blogs de blogspot.com)
  • Capacidade para crear, modificar e eliminar entradas
  • Capacidade para crear “borradores” e publicacións programadas
  • Capacidade para subir ficheiros ao blog (só en API compatíbeis, como MetaWeblog e MovableType)
  • Capacidade para recuperar as entradas recentes do blog
  • Corrector ortográfico interno (empregando o corrector de KDE)

Nesta nova versión 1.0, só se engadiu unha nova característica: un sistema de caché das ligazóns empregadas, para usos posteriores. Os demais cambios foron arranxos de erros e melloras da versión Beta previa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal