Con esta versión, pensada para probas para o desenvolvemento, preséntase unha evolución do proxecto Moblin. A interface de usuario foi redeseñada para ofrecer maneiras únicas de relacionarse coa Internet, agregar a actividade de redes sociais e gozar con contidos multimedia. Nesta ligazón pódese ver un vídeo amosando as características deste contorno.
As características desta versión 2.0 beta inclúen:
-
Unha nova e completa experiencia visual.
-
A zona M (m_zone), que actúa como panel da “pantalla de inicio”
-
Agregación de contido de redes sociais
-
Un navegador web optimizado para a interface de Moblin
-
Un reprodutor de medios “navegábel mediante zoom”
-
Unha interface para a xestión de conexións
-
E, por suposto, compatibilidade con aplicativos de escritorio para Linux
Moblin é unha plataforma baseada en Linux que ofrece unha experiencia de usuario moderna e moi atractiva para dispositivos móbiles como, por exemplo, netbooks.
Moblin posúe un núcleo común de aplicativos, e diversos servizos e APIs para a interface de usuario, que lle ofrecen á comunidade desenvolvedora un contorno de desenvolvemento completo e consistente para unha ampla variedade de dispositivos.
Existen moitos recursos para informarse sobre Moblin, que cobren aspectos como compilar a plataforma, contribuír aos proxectos, ou desenvolver novos aplicativos:
-
Para aprender máis de forma xeral sobre a arquitectura, está o Resumo sobre Moblin.
-
Se se quere probar a última versión de Moblin, pódese descargar unha imaxe e seguir as instrucións.
-
Ten unha idea xenial para un aplicativo para Moblin? Sumérxase na documentación do SDK e convírtase nun desenvolvedor de aplicativos para Moblin
-
Lista de preguntas (e respostas!) frecuentes sobre Moblin: FAQ.
-
Únase! Descubra como involucrarse na crecente comunidade de Moblin
Fonte: LinuxDevices.com
