Mancomún

Versión candidata de Ubuntu dispoñíbel e máis cousas relacionadas coa versión 9.04 de Ubuntu

Venres, 17 Abril 2009

Ubuntu openweekComo xa estamos anunciando nas últimas semanas, en escasos días sae a nova versión de Ubuntu, a 9.04. Actualmente xa se pode probar a primeira versión candidata de Ubuntu 9.04. A versión candidata pódese descargar desde a seguinte páxina:

Páxina de descarga da RC de Ubuntu 9.04

Ademais tamén acaban de habilitar a páxina para facer o pedido do CD. Recordade que cun simple rexistro en Launchpad, podedes pedir que vos manden unha copia “orixinal” de Ubuntu, coa súa caixiña e todo, ao enderezo que lles facilitedes. Pódense pedir as versións tanto de escritorio como as de servidor.

https://shipit.ubuntu.com/ E máis novidades, a UbuntuOpenWeek que terá lugar entre o 27 de abril e o 1 de maio. A UbuntuOpenWeek é un evento que ten lugar en Internet, nunha canle IRC onde se imparten clases que cobren diversos temas todos arredor de como contribuír ao desenvolvemento de Ubuntu.
A canle IRC onde se impartirán estas clases é #ubuntu-classroom, dentro da rede FreeNode. Na seguinte ligazóns tendes máis información de como asistir a elas:

Como asistir á UbuntuOpenWeek

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal