Visto na páxina de GALPon:
“Con dous dias de atraso, xa que a nosa intención era facelo coincidir co dia da liberdade do software, liberamos a versión final de GALPon MiniNo.
A maioría non notará cambios substanciais xa que o traballo final foi o de pulir detalliños e mellorar algunha funcionalidade.
Tal vez o máis subliñable sexa a actualización a última versión de Midori, engadímoslle buscadores e o xestor de descargas “gwget” que a súa vez está dispoñible desde menús.
Engadimos a tradución ó galego de “mc”, o monitor de actividade “xosview” e algún xogo máis, traducindo aqueles que dispoñen de ficheiro de localización/internacionalización.
Como sempre están dispoñibles na páxina do proxecto: http://minino.galpon.org“
Ligazóns de descarga directa:
GALPon_MiniNo_gl_v1.iso suma MD5 de comprobación: cba492dcdf30004eca1d3b789820d4d0
GALPon_MiniNo_es_v1.iso suma MD5 de comprobación: 2ea1f5ed83ec9f4cbc17633c80f36680
Para soporte e colaboracións, a lista do noso grupo: http://groups.google.com/group/minino-distro?hl=gl
Fonte:
http://www.galpon.org/drupal/node/228
