Mancomún

Versión previa 4 de Moonlight 2.0 dispoñíbel

Mércores, 19 Agosto 2009

Logo de MoonlightRecentemente veu a luz a versión previa 4 de Moonlight 2.0. Moonlight é unha implementación en código aberto de Silverlight, enfocada principalmente a Linux e outros sistemas operativos baseados en Unix e X11.

Microsoft Silverlight é un complemento para navegadores de internet baseado na plataforma Windows, que inclúe funcións multimedia como a reprodución de vídeos, gráficos vectoriais, etc. Este produto encádrase na mesma categoría doutros como Adobe Flex, ou OpenLaszlo, enfocados a ofrecer contido multimedia en páxinas web.

En setembro de 2007, Microsoft e Novell anunciaron un acordo de colaboración de tipo técnico que incluía acceso ás suites de probas de Silverlight de Microsoft e a distribución dun “paquete de medios” para usuarios de Linux, que contén códecs de vídeo e audio.
Os obxectivos do equipo de Moonlight son:

  • Executar aplicativos de Silverlight en Linux.
  • Ofrecer un conxunto de ferramentas de desenvolvemento estándar (SDK) para Linux para crear aplicativos Silverlight.
  • A reutilización do motor Silverlight que crearon para aplicativos de escritorio.

As características máis destacadas desta cuarta versión previa de Moonlight 2.0 son:

  • Resolución de moreas de erros.
  • Os sóckets xa funcionan, e seguen as políticas cross-domain de Silverlight.
  • TextBlock e TextBox permiten agora a cursiva e negra algorítmicas.

O historial completo dos cambios introducidos en cada versión previa pode verse na páxina coas notas dos lanzamentos.

Moonlight está dispoñíbel en formato XPI tanto para plataformas linux de 32 e de 64 bits, así como o seu código fonte. Pódese descargar dende aquí.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal