Mancomún

Versións de Ubuntu para todas as relixións e crenzas

Martes, 5 Maio 2009

Unha das vantaxes incuestionábeis do software libre é a súa versatilidade para permitir a calquera persoa desenvolver un sistema operativo adaptado ás necesidades propias de cada usuario. Isto é algo que posibilitan diversas ferramentas que a partir dunha determinada distribución fan viábel a súa personalización. Entre elas, sen ir máis lonxe, o metapaquete desenvolvido por Mancomún, AraOS.

Este metapaquete, que achega aos desenvolvedores a posibilidade de configurar un escritorio ofimático multimedia en galego baseado en Ubuntu, ten sido a base para a creación doutros sistemas operativos sectorializados como por exemplo o Galinux, a Ubuntu-USC… 

Mais, alén do noso contorno máis coñecido, son moitas as versiSabilyóns de Ubuntu que se teñen adaptado para diferentes colectivos sociais, sectores económicos concretos… Ningunha temática queda excluída deste afán de personalización e, neste senso, resultan especialmente curiosas as versións especificamente dirixidas a persoas usuarias con crenzas relixiosas de distintos tipos. Cristiáns, musulmáns, xudeus e mesmo “satánicos” teñen a súa edición especial de Ubuntu.
Sabily é unha distribución baseada, como as demais, en Ubuntu, e que ademais proporciona paquetes dirixidos á comunidade musulmá, con aplicativos como minbar (unha ferramenta para poder seguir facilmente as oracións), zekr (unha ferramenta de estudo do Corán), monajat (que mostra oracións en pantalla cada certo tempo). A maiores tamén inclúe DansGuardian, un sistema de “control paternal” que permite prohibir o acceso a webs que poidan non ser do gusto dos que administran esta distribución.

Ubuntu CUbuntu Christian Editionhristian Edition, un proxecto recentemente abandonado pero que igualmente serve coma exemplo, achegaba ferramentas relacionadas con esta relixión como Xiphos, BibleMemorizer e BibleTime, tres desenvolvementos, orientados ao estudo da Biblia; e o mesmo software DansGuardian para filtrar contidos web non apropiados.

Tamén existe Ubuntu Satanic Edition, que como comentan en Sneer Well non ten nada de satánico a excepción do nome e algúns elementos visuais do escritorio como o tema de GDM.

Un metapaquete para a galeguización dos contornos de escritorio

O metapaquete AraOS, baseándose na distribución Ubuntu, permite a creación a un baixo custo de adaptacións específicas do sistema operativo en galego de cara a cubrir necesidades de sectores concretos como a hostalería, micropemes, comercios, educación, sanidade ou aulas informáticas. A través dos dous paquetes cos que enlaza o metapaquete – paquete araos-g11n, para a galeguización de Ubuntu, e araos-desktop, para a instalación dos elementos gráficos- as persoas desenvolvedoras poden, por exemplo, personalizar doadamente a imaxe gráfica do sistema operativo (logos, iconas, splash…) ou integrar aplicativos específicos para o sector ao que vai dirixido.

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, en colaboración con toda a comunidade galega de software libre e especialmente co grupo de tradución ao galego de Ubuntu, comezou o desenvolvemento do Araos a comezos do pasado ano co obxecto de dar resposta á crecente demanda que, tanto por parte da cidadanía como das empresas e de distintos sectores das Administracións públicas galegas, estaba a manifestarse en volta á idea dun escritorio ofimático multimedia en galego.

Seguindo esta idea, o AraOS serviu de base para as instalacións das dúas oficinas informáticas completamente libres da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información: a da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e a da Oficina Técnica do PEGSI.

O metapaquete AraOs instala no computador, por defecto, o dicionario do corrector ortográfico para galego e os programas Firefox, Thunderbird e OpenOffice.org en galego.

Fonte da nova: Muy Linux

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal