Como todos os anos, desde hai 6 consecutivos, Eganet (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías) convoca os Premios Eganet, co obxecto de recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia. Nas cinco edicións celebradas presentáronse máis de 600 proxectos cunha participación de entorno a 500 empresas galegas. O prazo de presentación de candidaturas, ás 9 categorías, será do 19 de outubro até o 13 de novembro e a gala de entrega de premios aos gañadores e finalistas será o 16 de decembro.
Dende a 2º edición, está presente a categoría de software libre no concurso. Poden optar nesta categoría as iniciativas de uso, creación e/ou difusión de tecnoloxías de código aberto por parte de particulares, organismos privados ou públicos, considerándose de especial interese a contribución que supoñan á comunidade de software libre e máis á sociedade galega.
Na páxina do concurso poden consultarse os gañadores das edicións anteriores…
Máis información na páxina do proxecto:
http://www.eganet.org/
