A VI Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o 10 de outubro de 2019.
A xornada incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promover o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

A xornada retransmitirase en directo a través desta páxina web, e subiranse os vídeos á canle de YouTube da xornada.
Linguaxe R
R é unha contorna e linguaxe de programación cun enfoque á análise estatística.
Trátase dunha das linguaxes de programación máis utilizados en investigación científica, sendo ademais moi popular nos campos de aprendizaxe de máquinas, minería de datos, investigación biomédica, bioinformática e matemáticas financeiras. A isto contribúe a posibilidade de cargar diferentes bibliotecas ou paquetes con funcionalidades de cálculo e representación gráfica.

R é parte do sistema GNU e distribúese baixo licénciaa GNU GPL. Está dispoñible para os sistemas operativos Windows, Macintosh, Unix e GNU/Linux.
Localización

Programa
Na xornada terán lugar 16 relatorios relacionados con R durante todo o día, e ao rematar os relatorios terán lugar 3 obradoiros en paralelo, en horario de 17.40 a 19.40.
Talleres:
– Taller introdutorio ao software R
– Visualización de datos espaciais con R
– Multivariate and Functional Data Classication in R
Podedes acceder ao programa completo nesta web.
Inscrición
A inscrición é de balde, e de libre acceso. Podedes facer a inscrición a través deste formulario web.
Organizan
Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG.
Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.
Colaboran
Asociación Melisa, Facultade de Matemáticas da USC
Patrocina
AMTEGA (Xunta de Galicia)
