Mancomún

Vibuntu: Linux para persoas con problemas visuais

Martes, 9 Decembro 2008

OrcaQue o Software Libre persiga a masificación do uso das TIC é un feito que ninguén pode negar, pero a idea detrás de Vibuntu vai un pouco máis aló integrando a quen posúen algún tipo de problema coa visión.

Vibuntu 1.0 é unha distribución que se basea en Ubuntu 8.10 (Intrepid Ibex) e que integra unha serie de ferramentas que buscan axudar ás persoas con dificultades visuais, como o lector de pantalla Orca ou unha aplicación que permite aumentar o tamaño da pantalla, todo isto controlado por medio dun conxunto de teclas.

Vibuntu pódese utilizar directamente desde un pendrive USB ou nun LiveCD e vén en dúas versións: unha versión 2D para ser instalada en calquera computador e unha versión 3D que require dunha tarxeta gráfica máis potente…

Fonte:
http://www.fayerwayer.com/2008/12/vibuntu-linux-para-personas-con-problemas-visuales/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal