Totem é o reprodutor multimedia que vén co escritorio Gnome. Na nova versión 2.22 do Totem (a que vén na Ubuntu 8.04) pódese activar unha interesante función para a busca de vídeos en Youtube e visualizalos directamente no reprodutor.
Grazas a este complemento, Totem 2.22 dispón dunha caixa de busca de vídeos na barra lateral, onde o usuario só ten que inserir as palabras chave e directamente cargaranse os resultados. Ademais inclúe un separador adicional para ver os vídeos relacionados.
Ademais, recentemente apareceu unha modificación a este complemento que permite facer o mesmo pero descargando o vídeo en formato H.264 o que fai que se vexa con moita maior calidade. Ambos complementos poden estar activados ao tempo.
Fonte: genbeta
