Onte falamos sobre algúns aplicativos en software libre para edición de vídeo e hoxe topamos coa seguinte páxina onde aparecen videotitoriais para o aplicativo Cinelerra.
Segundo pon na propia páxina: “a lista irase actualizando cada luns cun novo vídeo manual sobre Cinelerra”
Polo de agora os vídeos dispoñibles son:
0. Instalación: neste primeiro capítulo explicaremos como hai que instalalo.
1. Proxecto: neste vídeo veremos como crear un novo proxecto.
2. Editar: edicións sinxelas como cortar, pegar, mover…
3. Controis: aprenderemos a utilizar os controis das pistas.
4. Transicións: veremos como aplicar transicións aos teus vídeos.
5. Efectos: aplicaremos efectos aos vídeos dunha maneira sinxela.
Fonte:
