Mancomún

VII Xornada GNU/Linux de Ordes

Luns, 29 Marzo 2010

Cartel das VII xornadas GNU/Linux de Ordes A asociación Inestable.org anuncia que os vindeiros días 1 e 2 de abril de 2010 terán lugar as VII xornadas de GNU/Linux de Ordes.

Este ano o lugar onde terá lugar a celebración destas xornadas será o local social da asociación na Casa de Cultura de Ordes, habilitado grazas á inestimable colaboración do Concello de Ordes.

Ademais dun completo programa de relatorios, durante a celebración destas xornadas farase tamén unha demostración da vertente máis lúdica do software libre poñendo a disposición de todos os presentes dúas plataformas de baile e micrófono, para poder desfrutar dos xogos:

  • Stepmanía: Simulador do clásico xogo de baile arcade "Dance Dance Revolution"
  • e Frets on Fire: Xogo de características similares ao coñecido Guitar Hero™

O programa completo das xornadas será o seguinte:

  • Xoves 1 de abril
    • 10:00-1030 Presentación: da asociación, do seu plan anual de actividades e das xornadas.
    • 10:30-12:00 Introdución ao software libre
    • 12:00-14:00 Introdución á liña de ordes
    • 16:00-20:00 (In)Seguridade Wifi + fabricación de antenas

A entrada a estas xornadas é completamente libre e non se precisa inscrición.

Fonte: Inestable.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal