Mancomún

VIII Xornadas de Software Libre en Cataluña

Mércores, 18 Febreiro 2009

http://mancomun.org/images/stories/jpl.pngDo 1 ao 4 de xullo deste ano terán lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Barcelona as oitavas xornadas de software libre, abertas a todo o mundo e gratuítas. Trátase dun encontro de persoas desenvolvedoras e usuarias que ten como obxectivo principal xerar e compartir coñecemento, así como difundilos á sociedade en xeral.

As Jornades de Programari Lliure (JPL) son un congreso que ten como principal obxectivo a difusión do software libre. Nestas xornadas debátese como potenciar o seu uso na sociedade en xeral e na investigación, desenvolvemento e a docencia en particular. Tamén son unha plataforma para dar a coñecer as actividades nas que intervén o software libre e que se levan a cabo nas diferentes universidades catalás e noutros sectores, o que inclúe á Administración.

Estas xornadas están organizadas de maneira que os tres días centrais están adicados especificamente aos aspectos máis técnicos e o último día das xornadas terán lugar os acontecementos máis informais, incluíndo os organizados por colectivos diferentes do comité de organización, co seu apoio e visto e prace.

Os temas que se tratarán son amplos, dende visualización de datos, estadística ou xeometría ata gráficos, multimedia ou videoxogos, sen esquecer as cuestións legais, filosóficas e sociais. Se alguén está interesado en participar activamente, abriuse unha convocatoria para charlas de 5, 15 ou 30 minutos, obradoiros prácticos de 2/3 horas e encontros temáticos de medio día de duración. Están abertos a calquera proposta relacionada co tema.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal