Mancomún

VIII Xornadas GNU/Linux de Ordes

Luns, 4 Abril 2011

Cartel das VIII Xornadas de GNU/Linux de OrdesUn ano máis, a asociación Inestable de Ordes organiza as Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes que nesta ano fan a súa oitava edición. Estas xornadas consisten en dous días de obradoiros e relatorios sobre diversos aspectos do sistema operativo GNU/Linux e do software libre en xeral, a través dos cales os membros desta asociación queren achegar ao público asistente os beneficios de empregar dito software.

Desta volta as xornadas terán lugar os días 21 e 22 de abril de 10:00 a 19:30 horas, e como principal novidade contarán cun pequeno concurso chamado PKI do que informarán ao longo desta semana, tanto no que se refire ao formato do concurso como ao premio que recibirá o gañador do mesmo.

A asistencia as xornadas é gratuíta.
O programa é o seguinte:

Xoves 21

  • Mañá (10 – 13.30)
    • Presentación (30′) N. Vidal
    • Charla sobre software libre (90′) S. Tabarés
    • Obradoiro de drupal (90′) A. Permuy
  • Tarde (16.00 – 19.30)
    • FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90′) D. Bañobre
    • Software libre na universidade (90′) M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)

Venres 22

  • Mañá (10 – 13.30)
    • Túneles IP cifrados con OpenSSH (90′) O. Casal
    • Presentación Obradoiro Arduino (90′) J. Rodríguez
  • Tarde (16 – 19.30)
    • Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90′) N. Vidal
    • PKI, o concurso definitivo!

Esta actividade forma parte das actividades que Inestable desenvolve ao abeiro do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal